Centro San José

O centro de inclusión social “San José”, pertencente á institución sen ánimo de lucro “Pía Unión Obra de la Señora”, abriu as suas portas a finais de maio do 2008.

A súa función é dar servizo a mulleres e fillos/as menores de 9 anos que se atopan en risco de exclusión social.

A exclusión social debilita os vínculos, que poden ser económico, social, laboral, persoal e espacial, entre as persoas e o resto da sociedade.

Para poder traballar con persoas que se atopan nesta situación e poder encauzar una vida necesitamos unha base estable da cal partir, un fogar. É por esta razón pola cal existe “San José”, para dar ás mulleres que se atopan en momentos de desarraigo social, a tranquilidade de ter un teito baixo o cal aloxarse, manutención, apoio e asesoramento de persoal cualificado para saír adiante.

“San José” ten o obxectivo de procurar a reinserción social das mulleres, atendendo, de maneira individual, ás necesidades e características de cada unha. Para isto, conta cun equipo de profesionais que, xunto cos voluntarios e os medios de apoio externo, contribúen á mellora das situacións persoais das residentes.

A metodoloxía de intervención de “San José”, parte da base de que a usuaria ten que ser unha parte activa do seu proxecto de reinserción, co fin de que ésta se involucre e os resultados sexan máis satisfactorios.

Co fin de incrementar o benestar persoal, relacional e físico o proxecto de inserción é personalizado á ususaria e, desde a perspectiva interdisciplinar, lévase a cabo a análise, valoración e diagnóstico das diferentes situacións detectadas.

As actuacións referentes ao proxecto de reinserción desenvólvense a dous niveis; un individual, no cal as accións son específicas para a usuaria; e un grupal, no cal se realiza o traballo cas residentes do centro mediante diversas actividades grupais, favorecendo o establecemento dunhas relacións sáns e fomentando, ao mesmo tempo, a participación e o acceso aos recursos sociais da cidade.

Comments are closed.