Inauguración Centro de Día

O 3 de xullo do presente ano, ponse en marcha o novo Centro de Día. Un desexo acariciado fai xa bastante tempo e que por fin faise realidade neste momento. Dispón de 40 prazas autorizadas e cunha oferta de servizos adaptada ás necesidades dos usuarios e familias. Vos iremos informando para que teñades todos os datos a vosta disposición: Horarios, servizos, prezos, etc.
Quedades invitados para que coñezades as novas instalacións e o comentedes coas vosas amizades e coñecidos. Pola nosta parte quedamos á vosa disposición e agardamos vervos e compartir un rato agradable con vós. Un cordial saúdo.

Presentación da web

A posta en marcha da nova páxina web corporativa, adaptada ós novos tempos e aos usos tan cambiantes, como un medio de comunicación áxil, moderno, con información sempre actualizada, que serva tamén como vínculo de unión entre os usuarios, familiares e persoas que procuran información; supón asumir un reto tan importante, como insospeitado desde a perspectiva do usuario.

Como todo labor de equipo require, ante todo, xuntar vontades en pro dun obxectivo común, tarefa nada sinxela; tempo para debater, confrontando ideas que permitan coñecer o que pode ser potencialmente interesante ao destinatario; e non menos importante é o deseño final do produto rematado, a «ropaxe» que vestirá a «criatura» e que a fará máis atractiva, tratando así de captar a atención entre outras moitas ofertas. 

Todo este plus de esforzo e dedicación, vese non obstante, recompensado con creces, pola enorme satisfacción que produce o novo «alumeamento». É momento por tanto de felicitarnos e de agradecer a todos a colaboración prestada, pero tamén é momento de recobrar un novo impulso para continuar co proceso iniciado.

Agardamos chegar así, coa nosa páxina , a todos os que forman parte directa o indirectamente, da nosa gran familia: residentes, familias, colaboradores, socios protectores e simpatizantes en xeral. 

Tamén nos gustaria, que fose un vínculo máis de unión coa entidade e con todos os que formamos a familia de “La Obra de la Señora”.

Damos a todos a benvida para que a través de esta fiestra que abrimos, vos atopedes como na vosa casa; e que a actitude crítica, connatural ao ser humano, sexa tan constructiva, que serva de estímulo para medrar nun afán constante de superación. Vos invitamos pois a que colaboredes coas suxerencias o comentarios que podan enriquecela.

Asta pronto.

Director.
Eloy Barreira Bascoy